José Carlos despídese do Lugo cunha emotiva carta de agradecemento

O central recorda a compañeiros e afección para pechar a súa etapa no club branquivermello
José Carlos abraza a Seoane.VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)
photo_camera José Carlos abraza a Seoane.VITORIA RODRÍGUEZ (AEP)

O central de CD Lugo José Carlos non seguirá no CD Lugo a próxima tempada e por iso despediuse da afección cunha carta que publicou na súa conta de Instagram na que eloxiou o bo trato recibido en Lugo.

Empezando por "Victor Moreno e o presidente Tino Saqués", por confiar nel nun momento da súa carreira que o xogador cualificou de "complicado", ademais de todos os adestradores que tivo desde a súa chegada ao equipo, na tempada 2017-18.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Gracias @club_deportivo_lugo 🔴⚪️♥️ .

Una publicación compartida de Jose Carlos (@josecarlosrs55) el

Pero sobre todo acordouse dos "amigos" que fixo ao longo da súa traxectoria e da boa acollida por parte do vestiario, ao que define como "unha familia". Ademais cita a varios dos seus xa excompañeros de diversas temporardas, entre eles Segio Gil ou Fernando Seoane, a quen eloxia como "persoas incribles".

Tamén agradece especialmente o trato recibido por Rubén, propietario do Mesón Lubre, quen, segundo di o xogador, acolleulle como a un fillo. E para rematar, aos "tres mil que sempre acudían ao estadio.

Con todo o devandito, José Carlos declárase un aficinado máis que apoiará ao Lugo "desde a distancia".

Comentarios