Josete Malagón: "Non nos imos a amedrentar ante o Oviedo"

O xogador do Lugo explicou que os asturianos teñen "un cadro de persoal feito para ascender"

Josete Malagón. PEPE TEJERO
photo_camera Josete Malagón. PEPE TEJERO

O defensa do CD Lugo Josete Malagón considerou este mércores ao seu próximo rival, o Real Oviedo, un "equipazo", pero advertiu de que o conxunto galego "non se vai a amedrentar" na cita do domingo no Anxo Carro.

"O Oviedo é un equipazo, con moi bos xogadores en todas as liñas, bos rematadores a balón parado e arriba o que salga pódeo facer ben. Teñen moita calidade e nós temos que estar a lume de biqueira para que iso non ocorra", comentou en rolda de prensa.

O xogador alacantino explicou que o Oviedo ten "un cadro de persoal feito para ascender" e augurou que visitará o Anxo Carro coa idea de ser "forte" en defensa. "Nós temos que contrarrestalo coas nosas virtudes e traballo e sacrificio. Non nos imos a amedrentar, imos xogarlles de ti a ti", declarou.

Do equipo asturiano engadiu que "mobiliza moita xente porque ten moita afección" e por iso pediu aos seguidores do Lugo que acudan ao campo a apoiar ao equipo local e que, ademais, o fagan vestidos de branquivermello.

Malagón pediu aos seguidores do Lugo que acudan ao campo a apoiar ao equipo local

"Nós esperamos que veñan moitos afeccionados do Lugo e que o fagan coas camisetas para que o estadio sexa moi bonito. Nós temos que apoiarlos desde dentro", comentou.

O defensa valorou a goleada que levou o Lugo no anterior compromiso da tempada, ante o Nàstic de Tarragona a domicilio. "O 3-0 ao final é un pouco enganoso. Dominamos case todo o encontro pero nos faltou contundencia nas áreas e aí é onde se resume o partido", dixo.

Respecto das opcións de acabar a tempada en postos de promoción de ascenso a LaLiga Santander (actualmente están a catro puntos e o Oviedo a dous), Josete sinalou que é factible e recordou as remontadas que asinaron nas últimas xornadas o Zaragoza e o Sporting de Xixón.

"Cada equipo depende dos seus partidos. Hai unhas semanas o Zaragoza e o Sporting estaban a non se cantos puntos e ao final encadean un refacho vitorioso e métense arriba de cheo. Temos claro que dependemos de nós mesmos e imos ir a matar ata o final", sentenciou.

Comentarios