jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

José Carlos: "Stuani marca a diferenza"

José Carlos, en rolda de prensa. CD LUGO
José Carlos, en rolda de prensa. CD LUGO
O  central de Lugo advirte que o duelo ante o Girona será un dos partidos máis difíciles da tempada

O central do CD Lugo José Carlos Ramírez explicou que o partido do próximo domingo co Girona "será un dos máis complicados" da tempada e destacou ao uruguaio Cristhian Stuani.

"Sabemos a calidade do Girona, os xogadores que ten e será un dos partidos máis complicados de LaLiga", comentou en rolda de prensa.

O defensa recoñeceu que Stuani, máximo goleador de LaLiga SmartBank, "marca a diferenza" e afirmou que o equipo galego intentará "facelo o mellor posible" para evitar que amplíe a súa conta realizadora, que está en 13 tantos logo de 18 partidos.

José Carlos, que disputou 14 partidos, 13 como titular, reapareceu o pasado fin de semana no once de Eloy Jiménez ante o Deportivo da Coruña (0-0) como lateral esquerdo.

"Pódome adaptar perfectamente a esa posición e estamos para o que necesite o adestrador", apuntou.
O defensa, que afronta a súa terceira tempada no Lugo, indicou que se atopa "adaptado ao equipo e a cidade" e evitou falar do seu futuro máis aló do 30 de xuño, data en que conclúe o seu contrato.

"É un tema que leva o meu representante e xa falarán con quen teña que falar", advertiu José Carlos. 

José Carlos: "Stuani marca a diferenza"
Comentarios