Jorge Prado logra a primeira praza na clasificatoria do GP de Rusia

O lucense arrincará a súa moto na primeira posición da grella de saída

Jorge Prado en el GP de Rusia.EP
photo_camera Jorge Prado no GP de Rusia.EP

Jorge Prado logrou a primeira praza na manga clasificatoria disputada este sábado durante o Gran Premio de Rusia, no circuíto de Orlyonok, con máis de nove segundos de diferenza sobre Olsen e máis de 20 sobre Geerts.

Prado, que tamén marcou o mellor tempo nos adestramentos, consegue así a súa carta manga clasificatoria desta tempada e nas carreiras do domingo partirá na grella de saída.

A cuarta posición na manga deste sábado foi para Evans, seguido de Cervellin e Vialle.
 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios