Jorge Prado: "Grazas aos que cren en min"

O piloto lucense quixo dedicar unhas palabras aos seus seguidores tras proclamarse campión do mundo

Tras revalidar o seu título de campión do mundo de MX2, Jorge Prado quixo dedicar unhas palabras aos seus seguidores. O mozo, "moi contento", agradeceu o apoio daqueles que o seguen día a día.

Prado tamén tivo tempo para facer un pequeno balance, definindo como "impecable" a tempada que levou a cabo.

O lucense, de 18 anos, afrontará así o próximo curso o reto de correr na categoría reina do motocrós, en MXGP. Aínda que antes tócalle celebrar o éxito conseguido.

Comentarios