Jorge Prado gaña o GP de Bulgaria e dá outro paso cara ao título de MX2

O piloto lucense dispón, a falta de tres probas para o final da competición, de trinta puntos sobre o defensor do título, o letón Pauls Jonass

Jorge Prado. EP
photo_camera Jorge Prado. EP

O lucense Jorge Prado (KTM) sumou un novo triunfo, esta vez no GP de Bulgaria, disputado no circuíto de Sevlievo, e deu outro paso cara ao título mundial de MX2.

Prado dispón, a falta de tres probas para o final da competición, de trinta puntos sobre o defensor do título, o letón Pauls Jonass (KTM).

O piloto báltico gañou a primeira manga por diante do español, que se impuxo na segunda co australiano Hunter Lawrence (Fonda) e o propio Jonass por detrás.

Polo tanto, Prado incrementou en dous puntos a súa vantaxe. Acumula 739 no xeneral por 709 do seu rival.

Na categoría reina, MXGP, impúxose no Gran Premio o holandés Jeffrey Herlings (KTM), que gañou as dúas carreiras, mentres que o esloveno Tim Gajser (Honda) e o italiano Antonio Cairoli (KTM) foron segundos en cada unha delas.

No xeneral Herlings dispón de 783 puntos, polos 710 de Cairoli e os 581 de Clement Desalle. 

Comentarios