Jorge Prado, cuarto na clasificatoria do Motocrós das Nacións

O lucense debuta con boas sensacións aos da 450. As carreiras, este domingo
Jorge Prado, en el Motocross de las Naciones. EP
photo_camera Jorge Prado, no Motocrós das Nacións. EP

Jorge Prado quedou cuarto na carreira clasificatoria do Motocrós das Nacións 2019 no seu debut cunha 450. O lucense lidera o equipo español na súa estrea na categoría de MXGP. E as sensacións foron moi boas: liderou a proba varias voltas ata que sufriu unha caída que o deixou sexto, pero acabou remontando ata a cuarta praza por detrás de Seewer, Gajser e Van Hoorebeek.

Este domingo serán as carreiras de MXGP e MX2 (13.00); MX2 e Open (14.30), e Open e MXGP (16.00). En cada carreira corren dúas cilindradas á vez. Na canle Eurosport 2 poderán seguirse en diferido as probas, ás 19.30, 19.45 e 20.15 horas, respectivamente.

O Motocrós das Nacións reúne este fin de semana a 102 pilotos de 34 países en Assen, con Jorge Prado á fronte do equipo español no seu debut na categoría MXGP cunha 450. Íker Larrañaga en MX2 e Carlos Campano en Open son os seus compañeiros de equipo.

O cadro holandés preséntase como o gran favorito para gañar o MXON por primeira vez. Herlings, Calvin Vlaanderen e Glenn Coldenhoff corren en casa e, aínda que sufriron lesións esta tempada, chegan fortes á cita.

Comentarios