Jorge Prado acaba sexto no seu primeiro Mundial de MXGP

Gajser impúxose no último gran premio da tempada
Jorge Prado. RAY ARCHER_
photo_camera Jorge Prado. RAY ARCHER_

O piloto de KTM Jorge Prado finalizou na sexta posición no Mundial de MXGP na súa primeira tempada na categoría reina do motocrós. O lucense non puido competir nas catro últimas probas logo de dar positivo por covid-19, o que o obrigou a permanecer en corentena e estar afastado das pistas cando loitaba pola segunda posición da xeral.

Tras a celebración este domingo da última competición da tempada, o Gran Premio Garda Trentino, o esloveno de Honda Tim Gajser proclamouse oficialmente de novo campión do mundo de MXGP, aínda que o balcánico xa confirmara o seu título en anteriores probas. Na segunda praza terminou o suízo de Yamaha Jeremy Seewer, que quedou, con 618, a 102 do campión mundial.

Terceiro concluíu Antonio Cairoli (KTM), con 599, mentres que o francés Romain Fevbre (Kawasaki) foi cuarto con 572. O seu compatriota Gautier Paulin (Yamaha) foi quinto con 505, mentres que Prado concluíu na sexta posición con 476.

Na última proba celebrada este domingo o gañador da competición foi Tim Gajser, quen sumou 47 puntos logo de terminar segundo na primeira manga e primeiro na segunda. Romain Fevbre gañou a primeira carreira en Pietramurata e foi segundo na definitiva.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios