Jiménez: "Estas dúas xornadas son importantes por enfrontamentos directos"

O equipo lucense ten dous encontros complicados co obxectivo de afastarse do descenso
Eloy Jiménez conversa con Manu Barreiro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Eloy Jiménez conversa con Manu Barreiro. VITORIA RODRÍGUEZ

Eloy Jiménez, adestrador do Lugo, afirmou que as dúas xornadas que restan antes de Nadal son "importantes" para o seu equipo polos "enfrontamentos directos" con rivais que tamén se atopan na zona baixa da clasificación de LaLiga SmartBank, o Sporting este domingo e o Málaga a seguinte semana.

"Estas dúas xornadas que veñen son moi importantes, hai moitos enfrontamentos directos na zona media-baixa e o equipo que sexa capaz (de gañar) pódese ir a cinco ou seis puntos dos postos de abaixo. Nós temos a Sporting e Málaga", comentou o técnico en rolda de prensa.

O obxectivo dos lucenses non é outro que ampliar o "colchón de puntos" sobre as posicións de descenso (agora a tres unidades de distancia) de face á segunda volta, que o conxunto branquivermello iniciará "ante equipos da zona alta".

Jiménez destacou que o Sporting, ao que terán como rival na vixésima xornada, "é un equipo físico, forte, con moito xogo directo e que tamén ten unha capacidade de transitar bastante importante porque conta con xogadores potentes e que saben xogar ao espazo".

Considerou clave, tanto polo seu equipo como polo rival, o "balón parado" e confirmou as baixas de Josete Malagón e Yanis Rahmani e as altas de Gerard Valentín e Roberto Canella.

Comentarios