Eloy Jiménez, adestrador do CD Lugo, prognosticou que, a pesar de sumar a vitoria ante o Deportivo (1-0) este domingo, a permanencia "vai ser moi difícil ata a última xornada". "Temos que ter tranquilidade, confiar no que temos, porque isto vai ser moi difícil ata a última xornada. Estamos na liña a seguir", augurou en rolda de prensa.
O adestrador do Lugo congratulouse de que os resultados da xornada, coas derrotas do Tenerife, o Raio Majadahonda e o Numancia, lles acompañasen. "Sempre é bo, pero temos que pensar en nós, facer os deberes e, se logo chegan os resultados dos demais, moito mellor", declarou.
O Lugo ten agora marxe de erro nas tres últimas xornadas, pero o técnico branquivermello avogou por selar a permanencia "canto antes" porque, se non, pódelle dar algo".