Jiménez: "O equipo está moi enchufado, con ganas de que chegue o domingo"

"O Alcorcón é un equipo intenso, que compite ben", indicou o adestrador do CD Lugo
Eloy Jiménez. SEBAS SENANDE
photo_camera Eloy Jiménez, durante o Lugo-Estremadura. SEBAS SENANDE

O adestrador do CD Lugo, Eloy Jiménez, destacou os "bos rexistros" do Alcorcón, ao que se medirá o domingo no Anxo Carro, en moitas "cousas". 

"O Alcorcón é un equipo intenso, que compite ben, con bo xogo aéreo e capacidade de remate", explicou en rolda de prensa.

Jiménez advertiu do "bo xogo exterior e a capacidade no xogo directo" dos madrileños e augurou un partido "moi aberto e disputado".

O técnico explicou que está "a esperar xogadores para pechar o persoal"

O preparador manchego, que ten a baixa de Roberto Canella por sanción, avogou por intentar que o Anxo Carro sexa "un campo talismán e un fortín" para os lucenses, que empezaron o campionato con empate ante o Estremadura (0-0) e o Oviedo (1-1).

"O equipo está moi enchufado, moi metido, con ganas de que chegue o e confiando no que estamos a facer e como estamos a xogar e en facer bo en casa o punto que sumamos fóra", dixo.

Ante a ausencia de vitorias nas primeiras xornadas indicou que le "preocuparía" se o equipo non dese "boas sensacións". "Pero estou convencido de que estamos no bo camiño e estou moi contento co equipo que se está facendo", sostivo.

O técnico explicou que está "esperando xogadores para pechar o persoal" e valorou positivamente a incorporación de Marcelo Djal

Comentarios