JIM: "O CD Lugo, sen balón, xera perigo e fai moito dano"

O adestrador do Zaragoza analiza ao equipo de Rubén Albés
JIM. REAL ZARAGOZA
photo_camera JIM. REAL ZARAGOZA

O adestrador do Real Zaragoza, Juan Ignacio Martínez JIM, sinalou que o seu próximo rival, o CD Lugo, é un equipo que sen balón "xera perigo e fai moito dano".

"Non lle importa non ter o balón e se non estamos atentos ás vixilancias e non somos contundentes o partido pódese converter nunha ida e volta que lles pode beneficiar porque están adestrados para iso. Teñen velocidade e fano de marabilla polo que hai que ser cautelosos para que non suceda iso", advertiu en rolda de prensa.

A este respecto engadiu que o conxunto galego ten "moi claro" ao que xoga e que o Real Zaragoza non se pode equivocar porque o Lugo sácalle "máximo rendemento" aos erros, especialmente a balón parado. Igualmente apuntou que no Ángel Carro, aínda que non sabe por que razón ou maxia, "sempre pasan cousas nas dúas áreas". 

JIM espera que o seu equipo poida manter a portería a cero neste encontro para evitar que se repita a historia da maioría dos partidos disputados ata agora nos que foi a remolque no marcador.

"Para gañar tes que meter gol pero sobre todo non ter que estar a remar río arriba porque custa moito remontar e sempre estás coa adversidade do gol encaixado", lamentou.

O técnico blanquillo quere que os seus xogadores sexan "animais" cando o balón pase a campo zaragocista: "no noso campo temos que ser moi contundente e fortes mentalmente porque xeramos moito pero marcamos pouco e hai que cambiar o chip defensivo".

Máis que estar preocupado pola clasificación a JIM preocúpalle e ocupa" que o xogador desenvolva no campo o que se lle pide. "Insistimos en dous ou tres conceptos moi importantes para o encontro contra o Lugo e temos que ser moi duros e crecer como equipo", explicou.

O preparador do equipo maño pensa que seis puntos é un balance "curto" porque están no 33 % de puntos logrados e "iso non dá" para o que se marcou como meta o Real Zaragoza

Comentarios