Jerome Jordan achégase ao Breogán

O pivote, que disputou as dúas últimas campañas no Joventut, gaña opcións para ser o substituto de Norel

Jerome Jordan. ACB Photo - M.A.POLO
photo_camera Jerome Jordan. ACB Photo - M.A.POLO

O Breogán manexa ao xamaicano Jerome Jordan como primeira opción para substituír ao lesionado Henk Norel, que estará de baixa non menos de tres meses tras a súa operación de xeonllo.

A posible chegada de Jordan encaixaría no plantel do cadro lucense, xa que ten pasaporte cotonou, polo que non ocuparía praza de estranxeiro.

Jerome Jordan é un pivote de 32 anos e de 2,15 de estatura, que actualmente se atopaba enrolado no Shanxxy, equipo da liga chinesa.

Antes de disputar a máxima competición do país asiático xogou as dúas últimas campañas no Joventut —onde coincidiu co breoganista Sergi Vidal—. Na 2017-2018 promediou 10,1 puntos e 4,8 rebotes por partido.

O acordo con Jordan podería estar moi preto e a súa contratación sería unha boa operación para o Breogán, xa que non terían que cambiar apenas a estrutura do equipo.

Comentarios