viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

Jaime Seoane, Lass Bangoura e El Hacen, tres novas incorporacións para o Lugo

Os tres xogadores chegan en calidade de cedidos ao Lugo ata o final do curso e supoñen unha forte remodelación no centro do campo. O club tamén confirmou a cesión de Orest Lebedenko ao Olimpique de Donest

O Club Deportivo Lugo apurou ata o final no mercado de inverno e a última hora do venres pechou a incorporación de tres xogadores para completar o equipo e loitar pola permanencia. Tátase de Lass Bangoura, El Hacen e Jaime Seoane. Os tres xogadores chegan cedidos polos seus clubs de orixe e ata o final da temporada. 

O extremo Lass Bangoura estaba cedido no Vancouver canadiense por parte do Rayo Vallecano, que agora o recupera para cederllo ao Lugo de cara ao que resta de tempada. Ocupa a posición de extremo dereito e é internacional coa selección guineana, aínda que ten tamén nacionalidade española. Cumprirá 28 anos o próximo 30 de marzo. 

Toda a súa carreira desde 2010 desenvolveuna no Rayo, aínda que estivo cedido a equipos como o Granada (en Segunda), Stade Reims, da Ligue 1 de Francia, e o Almería (Segunda). 

O xogador mauritano Moctar El Hacen chega ao Lugo cedido polo Valladolid nunha operación que se daba por practicamente cerrada hai 48 horas, pero non se fixo oficial ata última hora deste venres. 

El Hacen ten 23 anos, actúa na posición de interior e nesta campaña participou co Valladolid na competición copeira, aínda que xogou principalmente no equipo filial, que milita en Segunda B. Xogou tamén no Levante, co que chegou a debutar en Primeira nun encuentro disputado ante o Málaga. 

A terceira incorporación é Jaime Seoane, futbolista madrileño de 23 anos que chega procedente do Huesca, co que apenas contou con minutos esta campaña. Chegou ao club oscense procedente do Real Madrid Castilla, onde coincidiu con Jaume Grau, e onde destacou a pasada campaña. Na actual, apenas contou con 32 minutos no Huesca e 180 na competición copeira. 

É un xogador que se desenvolve de mediocentro, co que suporía un recambio e unha nova alternativa para Carlos Pita e Fernando Seaone. 

O Lugo tamén confirmou a cesión de Orest Lebedenko ao Olimpique de Donest.

Jaime Seoane, Lass Bangoura e El Hacen, tres novas incorporacións...
Comentarios