Iván Cruz, positivo en covid tras volver coa selección española de 3x3

O resto do equipo segue adestrando con normalidade xa que o pivote non se reuniu con ninguén no seu regreso
Iván Cruz. ADRA PALLÓN
photo_camera Iván Cruz. ADRA PALLÓN

O xogador do Leite Río Breogán Iván Cruz deu positivo en coronavirus tras regresar dunha concentración coa Selección Española 3x3. 

Cruz permanece illado e non se reuniu en ningún momento nin cos seus compañeiros de equipo nin co resto de persoal do club, segundo informou a entidade celeste. 

O Breogán continúa, xa que logo, adestrando con normalidade. 

Iván Cruz sofre síntomas leves pola enfermidade e será sometido a máis probas os próximos días. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios