O IV Trail dás Bestas de Muras cita a 409 deportistas este domingo

A competición volve tras case dous anos de parón e espérase que teña unha boa participación
undefined
photo_camera Unha das carreiras da terceira edición, en 2019. ENRIQUE BRANCO (AEP)

A área recreativa da Veiga será o domingo o epicentro da cuarta edición do Trail dás Bestas, en Muras, que se retoma tras case dous anos de parón desde a celebración da terceira proba, en novembro de 2019.

Nesta ocasión, un total de 409 deportistas chegados de distintos puntos daranse cita nesta carreira de montaña, que contará con distintas modalidades, maratón, trail, proba curta e andaina, e dúas categorías, absoluto e veterano.

A saída da distancia de maratón -43 quilómetros de percorrido cun desnivel positivo de 1.780 metros- será ás 8.15 horas. Nesta proba está prevista a participación de 62 corredores.

ás 9.00 será a quenda dos 128 participantes no trail de 27 quilómetros -1.200 metros de desnivel positivo-, mentres que a proba curta, de 14 quilómetros e un desnivel de 550 metros, arrincará a partir das 10.00 horas. Será a máis numerosa, con 144 inscritos.

A continuación darase a saída á andaina, cuxo percorrido coincide co da proba curta. Nela haberá 75 participantes.

As saídas faranse de forma graduada e a meta estará tamén na Veiga. Os premios aos tres primeiros clasificados de 14K, 27K e maratón entregaranse a medida que se vaia formando o podio ao chegar a meta.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios