Dous partidos sen Lolo Pavón

Israel Puerto substitúe a Jon García no Lugo

O CD Lugo anunciou este mércores a incorporación do defensa central Israel Puerto, procedente do Vilarreal B, para suplir a baixa de longa duración de Jon García, que rompeu o ligamento cruzado do xeonllo
Israel Puerto conduce el balón en un partido con el Villarreal B
photo_camera Israel Puerto conduce el balón en un partido con el Villarreal B

O futbolista naceu en El Viso del Alcor (Sevilla) en xuño de 1993. Mide 1,87 metros e pesa 74 quilos.

O xogador formouse nas filas do Sevilla. Co equipo hispalense chegou a xogar tres partidos en Primeira División nas tempadas 2012-2013 e 2013-2014, tempada na que o Sevilla se proclamou campión da Europa League.

O CD Lugo sinala que Puerto é un xogador que "destaca pola súa intelixencia de xogo e ser un líder firme na defensa, sendo unha promesa do fútbol nacional", segundo sinala o Vilarreal B.

A súa fichaxe asinouse este mércores e este xoves xa se adestrou co grupo, mostrándose "totalmente preparado para xogar", segúndo dixo en declaracións aos medios.

Comentarios