Israel Gutiérrez viaxará a Cáceres e podería ter minutos

"Temos que incorporalo aos poucos ao grupo", di Epifanio
Israel Gutiérrez, con Aboubacar. CB BREOGÁN
photo_camera Israel Gutiérrez, con Aboubacar. CB BREOGÁN

Diego Epifanio admitiu que a nova fichaxe do Leite Río Breogán, o interior mexicano Israel Gutiérrez, viaxará co equipo a Cáceres e que incluso podería ter minutos ante o conxunto estremeño nun partido sen nada en xogo.

"Se todo vai ben Israel irá coa expedición e xa veremos. Adestrou hoxe (por este mércores ) e esperemos que mañá (por hoxe) faga unha sesión co equipo. Imos ver que tal se vai atopando, que tal vai atopando o ritmo e esperemos que se viaxa co equipo teña a opción de debutar en calquera momento. Pero el ten que ir paso a paso. O equipo vai a unha velocidade e el non está ao mesmo nivel físico que os seus compañeiros", considerou o preparador burgalés.

"Temos que incorporalo aos poucos no grupo, que vaia atopando o seu oco", advertiu Epifanio.

TRES DUELOS ADIANTADOS. Xunto ao Cáceres-Breogán xogarase, tamén este venres, o duelo do Grupo II da LEB Ouro entre o Granada e o Canoe (18.45 horas). O sábado terá lugar o partido entre o Oviedo e o Básket Coruña en Pumarín (18.00), mentres o domingo xógase o resto da xornada.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios