Os irmáns Vallejo non terminan a cidade das Burgas por un problema co radiador

Os meiregos volvían á competición sobre o asfalto con opcións a pódium

Sergio e Diego Vallejo (Porsche) regresaron ao Campionato de España de rallyes de asfalto en Ourense, na 53 edición do trofeo da cidade das Burgas, aínda que non puideron acabar a proba.

Segundo informaba a conta Twitter de Vallejo Racing, ao coche dos irmáns meiregos fállolle o radiador, unha complicación mecánica que lles obrigou a apearse da proba.

Os Vallejo acabaran na décima praza no shakedown celebrado o venres, polo que aspiraban a coarse no podium desta competición. 

Comentarios