Iriome súmase á lista de baixas do Lugo por culpa dunha lesión muscular

O canario abandonou o duelo ante o Pulpileño do martes con molestias na zona isquiotibial
Iriome, en un entrenamiento. CD LUGO
photo_camera Iriome, nun adestramento. CD LUGO

O centrocampista do Lugo Iriome González sumouse á lista de baixas do equipo branquivermello  por unha lesión muscular que sufriu este martes no partido da Copa do Rei co Atlético Pulpileño (1-2). 

O xogador tinerfeño presenta molestias na zona isquiotibial e por iso tivo que abandonar o terreo de xogo no a cita copeira, na que o seu equipo pasou á seguinte rolda grazas a un dobrete de Moctar Sidi El Hacen, quen anotou o tanto da vitoria aos 88 minutos. 

Iriome, segundo explicou o Lugo nun parte médico, está pendente de pasar probas para o seu diagnóstico definitivo. 

O centrocampista perderase a última cita de 2020, o sábado ante o Zaragoza, un partido no que o técnico branquivermello, Mehdi Nafti, conta con máis baixas por lesión. 

O internacional panameño Puma Rodríguez recupérase dunha lesión muscular grao un no bíceps femoral da súa perna dereita. 

Actualmente, atópase en proceso de recuperación, que está a ser coordinado polos servizos médicos do Lugo e a Federación Panameña de fútbol. 

Pola súa banda, os defensas Pedro López e Roberto Canella atópanse na fase final da recuperación das súas respectivas lesións musculares no sóleo. 

Máis tempo de baixa estará Borja Domínguez, que foi intervido semanas atrás do menisco externo do seu xeonllo, aínda que tamén encara a fase final da súa recuperación. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios