Hugo Rama: "Viña con atraso pola lesión, pero xa se igualaron as forzas"

O centrocampista de Lugo é "feliz" por estar integrado no grupo
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Hugo Rama

O centrocampista do CD Lugo Hugo Rama recoñeceu que coa grave lesión de xeonllo que sufriu na recta final da tempada pasada levaba "atraso" no estado de forma respecto dos seus compañeiros, pero o parón pola Covid-19 igualou "as forzas".

"Síntome feliz porque, ao final, tras saír dunha lesión, viña con moito atraso e nestes dous meses igualáronse as forzas e estou moito máis feliz por estar integrado", comentou en rolda de prensa.

O futbolista santiagués alegrouse por ver xa a volta á competición "moi preto", que para o Lugo será o sábado 13 ás 17:00 horas no campo do Rácing de Santander.

"Estamos coa mente posta no Rácing xa", declarou o futbolista, quen afirmou que estaban a traballar a "saída do balón e os automatismos" e sobre iso incidiron este luns na primeira sesión de traballo cun só grupo.

O adestramento comezou cunha breve charla aos xogadores por parte do técnico, Curro Torres

Comentarios