Hugo Rama pasará as probas en Lugo pola súa lesión de xeonllo

O xogador cedido ao Mirandés produciuse a lesión no conxunto burgalés

Hugo Rama celebra un gol. DIARIO DE BURGOS
photo_camera Hugo Rama celebra un gol. DIARIO DE BURGOS

O xogador cedido polo CD Lugo ao Mirandés, Hugo Rama, pasará probas complementarias en Galicia pola lesión de xeonllo que se produciu co conxunto burgalés.

Rama lesionouse o pasado domingo no partido entre o CD Mirandés e RC Recreativo de Huelva, no que se produciu unha torsión na perna esquerda que afectou ao seu xeonllo.

Segundo explica o Lugo, logo de realizarse os primeiros exames por parte dos servizos médicos do CD Mirandés, o xogador regresará a Galicia para ser sometido a máis probas radiolóxicas polos servizos médicos e poder concluír o diagnóstico.

Rama disputou 40 partidos co Mirandés, 36 como titular, e anotou sete goles.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios