Gonzalo Araújo leva ao Bribón á vitoria en Murcia

20110828-634501528246374770.JPG
photo_camera 20110828-634501528246374770.JPG

O Bribón (RCN Barcelona), ao mando do vigués de raíces lucenses Gonzalo Araújo, impúxose onte no Trofeo Rexión de Murcia, cuarta proba do Circuíto Audi MedCup 2011, despois
de sumar un segundo e un quinto posto nas dúas mangas disputadas na xornada final. O Bribón superou en tres puntos ao Azurra italiano, patroneado polo arxentino Guillermo Parada.

Deste xeito, o Bribón revalidou o título logrado en 2008 e sumou o seu segundo triunfo consecutivo da tempada, logo de vencer na Copa do Rei o pasado 8 agosto.

A vantaxe de cinco puntos sobre o Azzurra coa que o barco do armador barcelonés José Cusi partía na xornada foi suficiente para lograr a vitoria, pero tivo que loitar ata a última manga, aínda que na penúltima xa era o vencedor virtual.

O Bribón non se dedicou a marcar en exclusiva ao Azzurra, senón que fixo a súa regata cunha táctica moi seria e unha perfecta dirección de Araújo ao temón. Na primeira manga mantivo un gran duelo co Synergy ruso e entrou no último tramo do percorrido como líder, pero o Synergy lanzou un forte ataque e superouno na meta por cinco segundos.

O Azzura entrou terceiro a 17 segundos, o que lle bastou ao Bribón con finalizar a manga final para gañar a proba murciana. 

Comentarios