Gerard Valentín: "O Sporting está a facer grandes números"

O lateral dereito do CD Lugo advirte de que o campo asturiano é "difícil"

Gerard Valentín. SEBAS SENANDE
photo_camera Gerard Valentín. SEBAS SENANDE

O lateral dereito do CD Lugo Gerard Valentín advertiu este mércores de que o Sporting de Xixón, ao que se enfrontará o sábado no Molinón, "está a facer grandes números" a pesar da derrota da pasada fin de semana ante o Mallorca (2-1), coa que puxo fin a unha serie de nove xornadas sen perder. "Sabemos que é un partido importante, un campo moi difícil e ante un rival que na segunda volta está a facer grandes números", comentou en rolda de prensa o xogador cedido polo RC Deportivo.

Valentín explicou que o Sporting "ten un fondo de persoal amplo e xogadores para suplir" a dous dos titulares indiscutibles, Djurdjevic (sancionado) e Diego Mariño (lesionado).

Para plantar cara aos asturianos, o Lugo intentará, segundo indicou o defensa, "estar xunto, competir ben e, a partir de aí, ir a polo partido".

Os lucenses afrontarán o partido en posicións de descenso pero logo de superar ao Almería (4-2) no Ángel Carro, un triunfo que os achegou aos que o preceden na táboa.

"Marcamos catro goles, pero eu sempre sufro ata o final. O equipo gañou e estou moi contento por marcar o meu primeiro gol", apuntou Valentín sobre a súa estrea goleadora coa camiseta do Lugo, ao que chegou no mercado invernal cedido polo Deportivo.

Comentarios