Encontros EP 📺 Iriome e Miguel García debaten sobre o fútbol de onte e hoxe (18.00 horas)

Iriome e Miguel García charlarán este xoves a partir das 18.00 horas na web de El Progreso
Iriome, Pablo Durán y Miguel García. EP
photo_camera Iriome, Pablo Durán e Miguel García. EP

El Progreso, en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo e Óptica Callao, pon en marcha De Bote en Bote. Encontros El Progreso no que se tratará a evolución de varios deportes en distintos aspectos a través de cinco programas. O primeiro poderase ver este xoves na páxina web deste xornal a partir das 18.00 horas e versará sobre o Fútbol. Onte e hoxe co futbolista do Lugo Iriome González e o exxogador e adestrador do club branquivermello Miguel García, e a dirección do xornalista de El Progreso Pablo Durán.

Os dous futbolistas falarán sobre como era o xogo décadas atrás e establecerán unha comparación co fútbol actual a través dunha mirada que tocará temas como a relación cos afeccionados, a táctica, a evolución das instalacións e medios de estudo dos rivais, a arbitraxe ou o desenvolvemento do xogador a través dos equipos de base.

Tras a celebración desta primeira edición do programa e, en sucesivas datas que serán anunciadas neste xornal, levarán a cabo outros dun formato similar cunha mirada ao pasado, presente e futuro doutros deportes comol baloncesto, o atletismo, o piragüismo e o voleibol.

Para falar sobre esta evolución invitarase a atletas, padeeiras e xogadores dunha importante traxectoria na provincia que se retiraron e tamén que compitan ao máximo nivel agora.

Ata os topes CD LUGO

Comentarios