Francisco, ex do Lugo, non se estrea con bo pé no Huesca

O santiagués Borja Igrexas amargou o regreso aos bancos do exinquilino do Anxo Carro con dous tantos e coloca ao Espanyol segundo na táboa

Francisco, en un partido del Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Francisco, nun partido do Lugo. SEBAS SENANDE

O vello dito da "adestrador novo, vitoria segura" non lle funcionou ao Huesca. Optou por Francisco Rodríguez para substitúir a Leo Franco, que perdera cinco dos seis últimos partidos e deixou ancorado ao equipo no fondo da táboa, pero o ex-adestrador do Lugo non puido mellorar o refacho do equipo oscense por agora.

Dous goles de Borja Iglesias deron a vitoria ao Espanyol este domingo na súa vista ao Huesca (0-2) e impulsaron o equipo barcelonés ao segundo posto da liga, a un punto do seu eterno rival, o Barcelona.

O Espanyol asinou o seu primeiro triunfo a domicilio neste curso nun duelo no que mostrou máis pouso, calidade e oficio que un Huesca voluntarioso, valente e decidido pero ao que lle falta experiencia, acerto e un chisco de sorte, porque o seu rival, con moi pouco, dúas ocasións, marcou dous goles e levou os 3 puntos.

O Huesca mostrou de inicio maior ambición que en encontros precedentes e menos respecto ao adversario, pero conforme transcorreron os minutos o conxunto catalán comezou a disputarlle o esférico e o xogo igualouse na zona central.

Aínda así, os locais daban outra imaxe con respecto ao pasado máis recente e quixeron ser protagonistas co balón.

Cunha boa presión, eran capaces de recuperar balóns ante un rival que non parecía ter présa.

O adestrador da Sociedade Deportiva Huesca, Francisco Rodríguez, sinalou tras a derrota do seu equipo contra o Espanyol que pagaran "moito" os erros que tiveran durante o encontro.

"Foi un partido igualado que dominamos na primeira e na segunda parte pero penalizáronnos co primeiro gol ao fío do descanso e na segunda parte o segundo tanto fíxonos moito dano e foi difícil remontar", analizou o novo técnico do conxunto oscense.

Comentarios