Francisco, candidato número un ao banco do CD Lugo

O extécnico do Almería e o Ucam Murcia caracterízase pola súa proposta ofensiva
Francisco, exentrenador del Almería y Ucam Murcia
photo_camera Francisco, exentrenador del Almería y Ucam Murcia

Francisco, extécnico do Almería e o Ucam Murcia, está á cabeza da terna final de adestradores candidatos ao banco do CD Lugo. O preparador andaluz é a opción preferente do club branquivermello para substituír a Luis César Sampedro como técnico do cadro lucense.

Francisco é un adestrador con experiencia en Primeira División co Almería e vén de facer un bo papel no Ucam a pesar do descenso na última xornada, xa que logrou reconducir a mala dinámica murciana logo de coller ao club en decembro. O mozo técnico de 38 anos destaca por facer un xogo ofensivo e vistoso, ademais de equipos sólidos e competitivos.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios