O Fluvial denuncia irregularidades no proceso de selección de padeeiros para Tokio

A entidade lucense acusa o adestrador Miguel García de ter unha conduta "partidista"
Cristian Toro, en Verducido. LAVANDEIRA JR
photo_camera Cristian Touro, en Verducido. LAVANDEIRA JR

O Club Fluvial de Lugo denunciou posibles regularidades no proceso de selección dos piragüistas de face aos próximos Xogos Olímpicos de Tokio. A entidade enviou unha queixa formal á RFEP "ante a conduta totalmente unilateral e absolutamente parcial ou partidista por parte do adestrador Miguel García".

O Fluvial actúa "en defensa legímita do seu deportista Cristian Toro", e quéixase por posibles irregularidades nas probas de k-1 200 e o k-4 500.

Entre os padeeiros sobrevoaba estes días a posibilidade de que ocorra unha posible manipulación nas marcas. Hai sospeitas de que algúns deportistas alteren os tempos conseguidos. 

As probas para o k-4 dividíronse en tres mangas cunha diferenza de catro segundos "imposible" a estes niveis. Ademais, e como recoñeceu este luns o expresidente da federación española Román Mangas en declaracións a Zamora 24 horas, esta diferenza de catro segundos entre piragüistas da selección nas probas de k-4 500 é "pouco crible tendo en conta que polo menos dous padeeiros repiten nas tres embarcacións" deixando entrever que algúns "decidiron" entre eles que integrantes acudirían a Tokio.

Esta decisión prexudicaría, sobre todo, a Cristian Toro e ao seu compañeiro Carlos Garrote, o que levou ao Club Fluvial a denunciar formalmente a situación.

O club lucense solicita que se recupere a anterior modalidade de selección, con probas de k-1 en liña e cos catro mellores tempos integrando o k-4.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios