O Durán Maquinaria Ensino pecha o capítulo de baixas coa de Fiona O'Dwyer

A estadounidense defendeu a camiseta do equipo lucense tres tempadas
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Fiona O'Dwyer avanza ante unha rival. VICTORIA RODRÍGUEZ

A ala-pivote Fiona O'Dwyer convértese na sexta e última xogadora da actual plantilla do Durán Maquinria Ensino que non continuará no equipo lucense a próxima tempada.

O'Dwyer únese a unha lista na que figuran a ala-pivote nixeriana Atonye Nyingifa, a base Brittanny Dinkins a polivalente escolta Ainhoa López, a pivote Shereesha Richards e a alero Kalis Loyd.

O cadro lucense anunicou a continuidade do seu adestrador, Carlos Cantero, e a da súa capitá, a á pivote Bea Sánchez. Falta que se faga oficial a continuidade das outras tres xogadoras que defenderon a camiseta do Ensino na campaña que finalizou antes de tempo por culpa da pandemia do Covid-19: A alero Laura Aliaga, a pívote Britany Miller e a base Aleksander Stanacev. 

Ademais, o cadro que preside Manuel Durán reforzouse coa chegada da ala-pivote holandesa Natelie van dean Adel, que procede do Araski. 

Fiona O'Dwyer destacou polo profesionalidade e calidade durante as tres tempadas que pasou en Lugo, na última media 4,9 puntos e 3,8 rebotes en case 18 minutos por partido.

Comentarios