75-72. Un triplo sobre a bucina tomba o Breogán na Coruña

Matulionis, ex dos lucenses, decidiu un partido igualado que tivo un final de infarto

O Breogán caeu este mércores no pavillón de Riazor ante o Leyma Coruña por 75 a 72 nun partido da fase previa da Copa Galicia que se resolveu cun final de infarto.

O duelo entre dous dos galos deste curso na LEB Ouro non defraudou. Foi igualado e o final tivo de todo, cun triplo de Sollazzo que parecía que ía forzar a prórroga a falta de seis segundos (72-72) e unha canastra final sobre a bucina de Osvaldas Matulionis, ex do Breogán, que daba o triunfo in extremis aos locais (75-72).

Diego Epifanio non puido contar co capitán Salva Arco, por unha sobrecarga, nin con Sergi Quintela.

Con esta derrota, o Breogán necesita que o Ourense derrote ao Básquet Coruña no seu encontro aprazado e esperar a que os averages entre os tres equipos sexanlle favorables para disputar a final do torneo ante o Obradoiro, xa clasificado.

<< LEA A CRÓNICA COMPLETA ESTE XOVES NA EDICIÓN IMPRESA DE EL PROGRESO >>

Ficha técnica
75. - Leyma Básquet Coruña: Dago Pena (8), Perris Blackwell (17), Javi Veiga (8), Gaizka Maiza (9) e Osvaldas Matulionis (5) —quinteto inicial—, Badmus (2), Barro (2), Peciukevicius (4), Jakstas (6), Monaghan (7) e Belemene (5).
72. - Leite Río Breogán: Mateo Díaz, Soluade (6), Mindaugas Kacinas (8), Cruz (11), Aboubacar (4) —quinteto inicial—, Sánchez, Rivas, Marinovic, Larsen (19), Quintela (7) e Sollazzo (17).
Árbitros: Pérez Pérez, Lema Parga e Álvarez- Osorio Varela (Colexio Galego). Sen eliminados.
Incidencias: Partido disputado no Palacio dos Deportes da Coruña. 250 espectadores.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios