A festa regresa a Lugo

O Ángel Carro vivirá este sábado ante o Spórting o seu primeiro gran ambiente tras a pandemia do covid-19. Só en seis ocasións superáronse os 6.000 afeccionados á beira do Miño
Aficionados animan al Lugo en el Ángel Carro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Aficionados lucenses animan o equipo a UD Las Palmas no Ángel Carro. VICTORIA RODRÍGUEZ

Colorido, confetti, cánticos, bufandas ao aire, colas quilométricas para entrar no estadio, o estadio case a rebordar e a sensación de que a nova normalidade chega ao fútbol á beira do Miño. O Ángel Carro vivirá o seu primeiro gran partido postpandémico para lucir, este sábado (18.15 horas) ante o Spórting, un ambiente que non mostraba desde fai máis dun ano e medio.

A venda da totalidade das 1.900 entradas achegadas polo Lugo ao conxunto asturiano, máis a afluencia da afección lucense, que se espera que poida superar os tres milleiros de seguidores, fará que o duelo do sábado mostre unha entrada con máis de cinco mil persoas no estadio da cidade amurallada.

A última vez que o Ángel Carro rexistrou máis de cinco milleiros de afeccionados foi o 23 de febreiro de 2020, un mes antes do confinamento pola pandemia do covid. Foi ante o Real Oviedo, na xornada 29 da tempada 2019-2020, cando acudiron ao campo 5.106 afeccionados.

O sábado poderíase alcanzar esa cifra, aínda que, probablemente, quedará lonxe dos grandes partidos vividos en Lugo.

O mellor ambiente viviuse na campaña 2013-2014, cando, o 3 de maio de 2014 encheron o Ángel Carro 7.564 seguidores do Lugo e o Deportivo.

O club herculino e o Spórting foron os protagonistas das outras ocasións nas que se superaron os 6.000 afeccionados.

O partido ante o equipo coruñés, na xornada 39 da tempada 2018-2019, concentrou a 6.093 seguidores nas bancadas. Contra o Spórting pasáronse as seis mil persoas na 2017-2018 (xornada 23), con 6.498; na 2014-2015 (xornada 37), con 6.600 seguidores; e na 2013-2014, no partido 15 da liga, con 6.000 afeccionados.

A Ponferradina é o único equipo que rompe o monopolio herculino-xixonés, ao xuntar a 6.000 afeccionados na última xornada da 2012-2013.

A visita do Real Oviedo na xornada 34 da 2016-2017 rozou esa cifra ao concentrar a 5.977 espectadores.

Comentarios