A Festa do Deporte regresa o 6 de xuño ao Pazo dos Deportes de Lugo

El Progreso volve premiar aos mellores equipos e clubs da base ao remate das ligas regulares. Repartiranse 93 galardóns, 50 de fútbol e outros 43 en baloncesto, fútbol sala, voleibol e balonmán
Entrega premios deporte de base El Progreso. Publico asistente a la entrega de premios en la grada del Pazo dos deportes. En primera fila, entre otros, la vicepresidenta de la Diputacion de Lugo, Maite Ferreiro; el delegado territorial de la Xunta en Lugo, Javier Arias; la subdelegada del gobierno en Lugo, Isabel Rodriguez; el teniente de alcaldesa en funciones de Lugo, Ruben Arroxo o el director de El Progreso de Lugo, Alfonso A. Riveiro
photo_camera Unha imaxe da festa do ano pasado. VICTORIA RODRÍGUEZ

A tempada ultima as últimas xornadas e é o momento de facer un reconto dos éxitos obtidos. Así, como todos os anos, El Progreso quere celebrar a finalización das competicións regulares no deporte de base cunha gran festa dedicada a todos os lugueses e luguesas que participaron en algunha das competicións deportivas que se recollen semana a semana nos suplementos deportivos Enxogo e A Canteira que podes consultar en liña.

O obxectivo é render unha homenaxe a aqueles equipos que despuntaron nas súas categorías.

A Festa do Deporte de El Progreso do 2024 terá lugar o xoves día 6 de xuño e o lugar escollido para a mesma será novamente o Pazo dos Deportes de Lugo.

Os xogos e a diversión serán os grandes protagonistas, xa que haberá inchables para todas as idades así como outros xogos aos que están invitados a participar todos os deportistas da provincia, xa que as actividades son totalmente gratuítas e a entrada libre. A hora de inicio está fixada para as 17.30 horas e prolongarase durante toda a tarde.

Sobre as 20.00 horas será o momento estelar da noite co acto oficial de entrega de premios, onde participarán as principais autoridades da cidade e cos que se pretende dar un cumprido recoñecemento a todos os equipos da provincia entre as categorías de xuvenil e prebenxamín que desenvolveron a súa actividade durante toda a tempada 2023/24 nas especialidades de fútbol, fútbol sala, baloncesto, voleibol e balonmán.

Os premios serán para aqueles equipos mellor clasificados en cada unha das categorías con representación luguesa de ámbito nacional ou galego. Nas competicións de ámbito provincial será para os equipos que mellor resultados obtiveran na tempada e máis lonxe chegaran nas ligas.

Haberá polo tanto 93 galardóns nesta edición, que se darán a coñecer a próxima semana.50 corresponden ás ligas de fútbol campo e outros 43 son para o resto de deportes da Canteira, 19 en baloncesto, 10 en fútbol sala, 8 en voleibol e 6 en balonmán. O obxectivo destes recoñecementos é premiar o comportamento de equipo fuxindo das individualidades polo que non haberá distincións a xogadores de forma personalizada.

Durante a festa haberá sorteo de agasallos así que todos os que desexen participar poden facelo cubrindo o cupón que está ao fondo da páxina e depositándoo na furna que se colocará na sala durante toda a xornada.

Estes son premiados 

Estes son todos os premiados na Festa do Deporte

Los premiados
Los premiados