Fernando Seoane quere continuar no Lugo ás ordes de Juanfran García

Nas redes sociais correu o rumor dun interese por parte do Rácing de Ferrol
2019091315030321119
photo_camera Fernando Seoane despexa a pelota durante un partido ante o Alcorcón. XESÚS PONTE

O centrocampista de Ames Fernando Seoane falou sobre o rumor que xurdiu nas redes sociais e que situaba o seu futuro próximo nas filas do Rácing de Ferrol. O futbolista branquivermello negou que tivese encima da mesa unha oferta do conxunto departamental e espera seguir no Lugo ata o final do seu contrato, que finaliza en xuño de 2021.

O futbolista santiagués declarou ao xornalista Manu Amor o seu descoñecemento ante unha suposta oferta do Rácing de Ferrol e comentoulle o seu interese por seguir nas filas do Lugo.

Segundo as súas declaracións, Fernando Seoane non ten ningunha intención de abandonar o club ao que chegou hai xa oito anos na súa segunda etapa e pretende continuar ás ordes de Juanfran.

Seoane foi importante nos plans de Juanfran García na recta final de campaña logo de non disputar apenas minutos co anterior técnico, Curro Torres.

O xogador é un dos capitáns do Lugo e un dos futbolistas con máis peso dentro do vestiario branquivermello. A súa continuidade asegura unha peza importante na planificación do próximo ano.

Comentarios