Fede Vico, preto do Granada vía Butarque

O ex xogador do Lugo podería fichar polo conxunto pepinero e acabar cedido no Granada

Fede Vico tuvo el empate en sus manos
photo_camera Fede Vico.

Fede Vico, que o pasado 30 de xuño desvinculouse do CD Lugo ao finalizar o seu contrato, recalará probablemente no CD Leganés de Primeira División, aínda que o fará, segundo informan medios como El Ideal, para acabar cedido no Granada.

O extremo cordobés enfrontaríase así ao CD Lugo a próxima tempada, equipo no que estivo as dúas últimas campañas. A súa cesión ao Granada formaría parte dun trato para que Rubén Pérez, cedido os dous últimos anos polo conxunto nazarí no club pepinero, recale definitivamente en Butarque.

Por outra banda, o diario As tamén apunta ao interese do Leganés en Juanfran Moreno, que podería chegar cedido desde o Deportivo.

Comentarios