domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

A falta do visado de Jordan pode evitar o acordo co Breogán

Jerome Jordan. CRISTINA RUIZ (Wikipedia)
Jerome Jordan. CRISTINA RUIZ (Wikipedia)

O club lucense insta aos representantes do pivote xamaicano para que arranxen o problema este martes ou buscará outra opción

LUGO. A ausencia de visado para entrar en zona europea —unha circunstancia dificilmente explicable para un xogador profesional, e máis que xa xogue en España— de Jerome Jordan poden dar ao traste co acordo que o pivote jamaicano alcanzara co CB Breogán. Tanto o acordo temporal como a compensación económica xa fora aceptado pola axencia do xogador pero a última hora xurdiu o inesperado problema co visado.

Desde o club lucense deuse un prazo, que podería finalizar hoxe, para que o xogador arranxe o problema. Se isto non é así, o Breogán abriría negociacións con outros xogadores. Ademais, isto implicaría que dificilmente Natxo Lezkano podería contar co substituto de Norel para o inicio da liga.

Acudir ao "plan B" implicaría retomar opcións que se consideraron peores que a de Jordan ou que foron descartadas, como foi o caso de Alen Omic un dos primeiros polos que se interesaron os técnicos, por unhas diferenzas económicas importantes.

NOREL, OPERADO. O pivote dos Cafés Candeas Breogán Henk Norel foi intervido o luns do seu xeonllo dereito. Segundo unha nota feita pública polo club lucense, Norel «foi operado con éxito» e avanza que «á espera dá evolución nas próximas 24 horas, co parte médico na man, poderemos avanzar tempos de recuperación».

En principio, as previsións médicas establecen a ausencia do holandés nun tempo non inferior a tres meses, co que o que foi o MVP da liga Endesa a pasada campaña, perderase como mínimo, as catorce primeiras xornadas de competición.

A falta do visado de Jordan pode evitar o acordo co Breogán
comentarios