Esta vez si soou o himno

A megafonía non fallou no encontro entre o Breogán e o Leyma Coruña no Pazo dos Deportes de Lugo. En Riazor, o son interrompeuse cando se chegaba á parte do 'Fogar de Breogán'

A megafonía non fallou esta vez. O himno galego soou ao completo ao comezo do Café Candelas Breogán - Leyma Coruña celebrado este venres no Pazo dos Deportes de Lugo. No anterior encontro de ambos os equipos, celebrado en Riazor, o son interrompeuse xusto cando se chegaba á parte do 'Fogar de Breogán'.

Comentarios