Dzanan Musa novo beirado do Breogán: "O equipo, o primeiro"

O xogador chega a Lugo coa responsabilidade de ser decisivo para o equipo e a recuperar "a confianza" â?? Paco Olmos xa lle transmitiu que será clave
undefined
photo_camera Dzanan Musa pousa á saída da súa presentación. SEBAS SENANDE

"Unha oportunidade para min, e para o equipo". Con estas palabras, na súa presentación deste mércores, Dzanan Musa definiu a súa nova etapa no Río Breogán. O bosníaco, a pesar de ser catalogado tanto por Perico Díaz como por gran parte da afección como a fichaxe máis mediática nos últimos anos, non antepón os seus obxectivos aos do conxunto: "As necesidades do equipo son o primeiro".

Con todo, o beirado procedente do Anadolu Efes turco sabe que chega como protagonista do proxecto breoganista en Liga Endesa: "O meu axente presentoume a oportunidade de vir á ACB, e ser un líder de equipo. é unha oportunidade incrible para min e para aumentar o nivel do equipo. é unha honra estar aquí, quero recuperar a confianza". Liderado na pista que tamén lle transmitiu o técnico: "Paco Olmos quere que lidere, que axude en defensa e en empuxe en ataque. Que achegue a miña experiencia", afirmou Musa.

Satisfacción que tamén expresou ao ser elixido como un dos capitáns do Breogán: "é impresionante vir aquí e que che outorguen esa responsabilidade. Estou agradecido co equipo, os técnicos e o club. Intentarei axudar e achegar a miña experiencia".

Dzanan Musa, de 22 anos e 2,06 metros de altura, foi a gran bomba do verán no mercado do Río Breogán. á súa curta idade, o mozo bosníaco xa sabe o que é xogar nas grandes competicións do baloncesto mundial. Ao longo destes anos Musa pisou as canchas da NBA da man dos Brookyn Nets, equipo ao que chegou en 2018 tras destacar nas súas participacións no Eurobasket sub16 e no Mundial sub17: de feito, no primeiro, con 15 anos, o bosníaco xa promediaba 34 puntos en 32 minutos.

A súa aterraxe en Lugo xa deixou boas sensacións ante o Bilbao Basket: 19 puntos anotados en tres cuartos de xogo. O beirado comentou dita actuación e relatou que se está traballando na boa dirección: "Competimos como un equipo forte nun partido de ACB. Estou moi satisfeito".

Sobre a súa adaptación á cidade e á afección, Dzanam mostrouse entusiasmado, "paseando pola muralla, a miña noiva e eu notamos que esta cidade ten algo especial. Moita xente pedíame fotos". Resaltou que a pesar de descoñecer onde viña, entre as referencias que lle chegaron sobre o Breogán e a urbe, todas coincidían: "Lugo é cidade de baloncesto".

Perico Díaz: "No terceiro día de novas altas pasamos de 3.000"
O director xeral do Breogán, Perico Díaz, adiantou minutos antes da presentación de Dzanan Musa que este mércores excedeuse a barreira dos 3.000 abonados. A campaña deu o pistoletazo de saída o 28 de xullo, pero só para renovacións de abono do curso pasado.

Este período culminou este luns, día 23, cun total de 2.100 renovacións. Isto significa que, catro días despois, o Breogán conseguiu chegar a un milleiro de abonados novos.

Acordo con Ibersys

A comparecencia de Musa produciuse dentro da renovación de acordo entre o Río Breogán e a empresa de prevención de riscos laborais, Ibersys.

Comentarios