miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Epifanio: "A pesar de vir dunha derrota en Lugo, sempre queres xogar no Pazo"

Diego Epifanio. XESÚS PONTE
Diego Epifanio. XESÚS PONTE
O técnico do Breogán destacou a solidez defensiva do Delteco GBC

Diego Epifanio, adestrador do Leche Río Breogán, destacou a solidez e o xogo ofensivo do Delteco GBC, que, tras coincidir a tempada pasada na liga Endesa, enfrontaranse o domingo na oitava xornada da LEB Ouro no Pazo dos Deportes.

"Ten un persoal moi ben feito, cimentada sobre cinco xogadores con moita calidade e moitos puntos nas mans e o resto teñen claro o seu rol. Saben en que son bos, é o equipo que menos puntos recibe por partido e o que menos balóns perde en ataque", indicou en rolda de prensa.

Engadiu que o conxunto vasco é "moi sólido atrás e diante xoga moi bo baloncesto" ao contar cun equipo "ben pensado e que está a render a bo nivel".

O Breogán, sétimo cunha vitoria menos que o GBC, regresa á súa cancha logo de perder o último partido como local ante o Cáceres.

"A pesar de vir dunha derrota no último partido en Lugo, sempre queres xogar no Pazo. Somos conscientes de que, se damos o máximo esforzo, a bancada vai estar connosco", apuntou.

Engadiu que para sacar adiante o partido teñen que facer as cousas ben, defender mellor" e, en definitiva, "aplicar nos partidos" o que traballan nos adestramentos: "ser máis consistentes na defensa do un contra un e no rebote".

O Breogán incorporou esta semana á á-pivote Strainja Gavrilovoc que procede do Partizán de Belgrado e suple a baixa de José Nogués

"Veu con moitas ganas de axudar e ten moita enerxía, moi bo coñecemento do xogo. Tiven que explicarlle as nosas normas, pero ten moi boa lectura das situacións, boa predisposición a defender e pode axudar no rebote", sinalou o preparador do equipo lucense.

Epifanio: "A pesar de vir dunha derrota en Lugo, sempre queres...
Comentarios