Epifanio: "O Breogán non se relaxou en ningún momento ante o Tizona"

Mentres, o técnico do Tizona Burgos, Jorge Elorduy, lamentou que o seu equipo "non foi capaz de reaccionar"
Un instante del partido del Breogán ante el Tizona Burgos. SABELA FREIRE
photo_camera Un instante do partido do Breogán ante o Tizona Burgos. SABELA FREIRE

O adestrador do Leite Río Breogán, Diego Epifanio, mostrouse satisfeito polo xogo e a vitoria. "O equipo desenvolveu moi ben o que queriamos facer, ás veces cando o partido se pon de face a xente tende a relaxarse e non o fixemos en ningún momento. Xogaron todos e todos achegaron ao equipo", indicou.

O técnico do equipo lucense tamén se referiu á saída de Aboubacar por un golpe pouco antes de acabar o choque. "é pronto para facer valoracións, Aboubacar golpeouse nun dedo e imos ver o que nos din os servizos médicos. Oxalá non sexa nada", manifestou.

Diego Epifanio reiterou a súa felicidade polo xogo dos seus. "Quédome con que gañamos cada cuarto e o esforzo defensivo. Demostrouse que o equipo ten esa capacidade", indicou.

Mentres, o técnico do Tizona Burgos, Jorge Elorduy, lamentou a falta de acerto do seu equipo como clave para ter algunha opción de pelexar o duelo. "Fomos capaces de estar no primeiro cuarto, pero co noso desacerto foi imposible engancharnos ao encontro nalgún momento. A medida que pasaron os minutos, o Breogán foi crecendo en físico, en traballo, en intensidade e non fomos capaces de reaccionar. Sen acerto, é imposible e non tivemos posibilidades ante un rival con moito potencial", comentou.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios