martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

Epifanio: "Entramos ben ao partido, seguindo o plan"

Diego Epifanio, durante el Breogán vs Granada VICTORIA RODRÍGUEZ
Diego Epifanio, durante o Breogán vs Granada. VITORIA RODRÍGUEZ

O adestrador do Río Breogán, Diego Epifanio, celebrou o triunfo que lle permite forzar o terceiro partido da final polo ascenso á ACB —o— domingo e asegurou que unha das claves do triunfo foi a entrada a pista no comezo do encontro. "Entramos moi ben ao partido, seguindo o plan e controlando as cousas que queriamos facer. é verdade que cometemos demasiados erros no segundo cuarto, con varias perdas que eles nos castigaron, sobre todo Bropleh, que se non é o mellor xogador da liga está moi preto de selo. Cáenselle os puntos, dá igual como lle defendas porque ten unha confianza brutal e méteo todo", dixo.

O adestrador do equipo lucense felicitouse polo traballo realizado polos seus xogadores no rebote ofensivo (16 por parte do equipo lucense e só tres por parte do granadino) pero recordou que, en varias fases do partido, dixo, "custounos frear ás súas bases. Tanto Cristian como Lluis estiveron moi ben, e cando levaron o ritmo do partido custounos moito evitalo".

"é unha pasada xogar na nosa casa. Desde antes de chegar o equipo xa estaban a animar, foi sen dúbida o Pazo das grandes ocasións. Mágoa que non poidan entrar máis breoganistas"

Epifanio, unha vez máis, felicitou aos afeccionados que este xoves se citaron no Pazo para animar ao Breogán na que foi a cita máis importante, e última, do curso ata a data.

"é unha pasada xogar na nosa casa. Desde antes de chegar o equipo xa estaban a animar, foi sen dúbida o Pazo das grandes ocasións. Mágoa que non poidan entrar máis breoganistas", apuntou, antes de engadir que "oxalá puidésemos xogar o
terceiro partido en casa. Vai ser un partido sen rede, non como os dous primeiros, e xa temos moitas ganas de que chegue. Esperamos descansar ben, facer a viaxe de br o mellor xeito e afrontar o partido co único obxectivo de conseguir o ansiado triunfo".

VANTAXE PERDIDA. O equipo lucense dilapidou unha vantaxe de 10 puntos nos últimos minutos e permitiu ao Covirán Granada achegarse no marcador. De feito, os de Pablo Pin tiveron dous ataques consecutivos para porse por diante a falta de dous minutos, pero Christian Díaz e Manu Rodríguez fallaron os seus lanzamentos desde a liña exterior.

"é verdade que tiñamos vantaxe pero o Granada seguiu remando. Nós fallamos dous tiros debaixo de canastra e permitímoslles correr. Ahonen non tivo o seu mellor partido coa camiseta do Breogán, pero nos últimos instantes démoslle o balón e mantívonos por diante con dous tiros libres decisivos", recordou.

Para rematar, Diego Epifanio sinalou que, por momentos, "o equipo xogou con moita confianza, aínda que fallamos contragolpes moi claros. Non me preocupan as porcentaxes de acerto, pero si as perdas de balón. 15 son demasiadas".

Epifanio: "Entramos ben ao partido, seguindo o plan"
comentarios