miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Epifanio advirte do ritmo e os lanzamentos do Tau Castelló

Diego Epifanio. EP
Diego Epifanio. EP
O técnico explicou que ten "varios xogadores con molestias ou procesos gripais" que son dúbida

Diego Epifanio, adestrador do Leite Río Breogán, advertiu do "ritmo" e os lanzamentos de tres do seu próximo rival, o Tau Castelló, ante o que intentarán reporse o sábado no Pazo dos Deportes da a última derrota, ante o Almansa (85-86)nese mesmo escenario.

"A derrota fainos dano porque estabamos en bo momento. Non se se foi o máis xusto, pero acabamos perdendo. Agora, a focalizar esforzos no partido", comentou en rolda de prensa.

O técnico explicou que ten "varios xogadores con molestias ou procesos gripais" que son dúbida para o partido.

Do Tau Castelló indicou que "é un equipo que ten moi claro ao que xoga, coa base do ano pasado, que foron mellorando con incorporacións e detalles de xogo, e que é moi perigoso no tiro de tres".

"Xoga con moito ritmo e vainos a esixir moito", alertou o técnico do conxunto lucense na súa comparecencia. 

Epifanio advirte do ritmo e os lanzamentos do Tau Castelló
Comentarios