miércoles. 04.08.2021 |
El tiempo
miércoles. 04.08.2021
El tiempo

O Ensino quere pechar este sábado en Vitoria o billete para o play off

2021032012270346519
Alba Prieto intenta avanzar ante Laura Pardo, do Araski. ARQUIVO
A escuadra lucense estará entre os oito mellores matematicamente se gana ao Araski

Asegurar un posto entre os oito mellores equipos da máxima categoría do baloncesto feminino español. Ese será o obxectivo do Durán Maquinaria Ensino en Vitoria, onde xogará este sábado (19.00 horas) ante un Araski que é un rival directo na pelexa polo play off polo título. Un triunfo asegurará matematicamente un lugar na postemporada.

O encontro, que se xogará no Polideportivo Mendizorrotza, terá valor máximo para o conxunto lucense, xa que gañar suporía eliminar da pelexa polos oito mellores ao resto de contendentes.

O Ensino suma 13 vitorias por 14 derrotas en 27 partidos, un triunfo máis e dúas derrotas menos que as vascas, que contan cun partido máis, xa que o Durán Maquinaria aínda debe disputar o seu duelo aprazado ante a Valencia.

De vencer en Vitoria quedaría unha xornada por disputarse -son dúas para o cadro lucense- e o Araski situaríase a dous partidos e o basketaverage en contra, o que faría imposible que o cadro vasco superase ao Ensino.

A vitoria tamén permitiría afastar definitivamente ao Gran Canaria, que está a dous triunfos na actualidade e manteríase a esa mesma distancia pero cun só duelo por celebrar para as insulars.

O último dos rivais polo play off, o Cadí A Seu -rival da Gran Canaria hoxe-, está actualmente a dous partidos do Ensino. Como ao cadro que dirixe Carlos Canteiro, ao finalizar este fin de semana quedarían dous duelos, pero o máximo que poderían lograr as catalás sería igualar ás lucenses en el balance de vitorias/derrotas, co que o basketaverage entraría en liza, pero é favorable ás de Lugo.

Tamén no caso do triplo empate entre Ensino, IDK e Cadí A Seu meteríase o conxunto lucense entre os oito mellores.

Gañar, xa que logo, suporía pechar o obxectivo de xogar o play off, pero no outro lado da balanza, unha derrota en Vitoria complicaría moito este reto, xa que achegaría aos perseguidores na táboa. De caer habería que facelo ademais por menos de tres puntos -na primeira volta o Ensino gañou en casa por 70-67- para manter o basketaverage a favor ante o Araski.

Canteiro conta coa dúbida de Hempe e a baixa de Van dean Adel para o partido de hoxe.

O Ensino quere pechar este sábado en Vitoria o billete para o play off
comentarios