64-52. O Ensino gana no Pazo e pon un pé na Copa da Raíña

O equipo que adestra Carlos Cantero impúxose ao Ciudad de La Laguna Tenerife Tenerife e ten a clasificación para o torneo ao alcance da súa man
Britany Miller, intenta anotar durante un partido. AEP
photo_camera Britany Miller levou o peso do xogo lucense coa á-pivote nixeriana Atonye Nyingifa. ARQUIVO

O Durán Maquinaria Ensino ten a clasificación para a Copa da Raíña ao alcance da súa man, tras derrotar este sábado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo ao Ciudad de La Laguna Tenerife por 64-52. Ademais o RPK Araski botoulle unha man ao derrotar a un dos rivais directos do equipo lucense nesa pugna, o Mann-Filter de Zaragoza.

O partido foi igualado ata o descanso, que finalizou con 25-22. Mediado o terceiro cuarto o Ensino apertou os dentes en defensa e atinou en ataque para distanciarse. A falta de catro minutos para o final alcanzou a súa máxima vantaxe, 57-40.

O equipo que adestra Carlos Cantero cimentou a súa vitoria no seu xogo interior. Capturou 42 rebotes por 33 do seu rival.

O peso do xogo lucense levárono a á-pivote nixeriana Atonye Nyingifa, que anotou 17 puntos e recolleu 8 rebotes, e a center estadounidense Britany Miller, con dobres figuras 14 puntos e 14 rebotes. Ben secundadas pola á-pivote gaditana Bea Sánchez, con 10 e 4, respectivamente.

Ao equipo lucense bástalle agora cun triunfo na última xornada da primeira volta da liga Feminina Endesa na cancha do pechacancelas, Embutidos Pajariel Bembibre, para clasificarse para a Copa da Raíña, que se disputará en Salamanca do 5 ao 8 de marzo próximo. Para quedar fóra tería que perder co Bembibre e, ademais, o Al Qázeres tería que gañar o Perfumerías Avenida, que é líder.

Comentarios