miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

76-55. O Ensino segue en estado de graza

Partido entre o Ensino e o Xirona. VITORIA RODRÍGUEZ
Partido entre o Ensino e o Xirona. VITORIA RODRÍGUEZ
As lucenses tomban ao Campus Promete e suman a quinta vitoria seguida

O Durán Maquinaria Ensino segue en estado de graza. O conxunto lucense sumou a súa quinta vitoria consecutiva na Liga Feminina Endesa a costa do Campus Promete por 76-55. 

O partido non tivo historia. O Ensino, que está de doce para afrontar a principios de marzo a Copa da Raíña, xa gañaba de malleiro ao conxunto rioxano, que só puido desprazar a oito xogadoras a Lugo, por 41-23 ao descanso. Ao final do terceiro cuarto o cadro que adestra Carlos Cantero dobraba ao seu rival, 61-30.

O Ensino, que se aúpa ao sexto posto da clasificación, cimentou o seu triunfo na achega ofensiva da escolta sueca Kalis Loyd, con 20 puntos, e a ala-pivote nixeriana Atonye Nyingifa, con dobres figuras, 13 puntos e outros tantos rebotes. Os seus números fanlles aspirar a ser MVP da xornada.

76-55. O Ensino segue en estado de graza
Comentarios