O Arenal Emevé despídese da Copa do Rei ao caer ante o Ibiza no quinto set

O equipo lucense plantou cara ao seu rival nun emocionante encontro a pesar das lesións de Luís Martín e Felipe de Mello
Una jugada del partido de ayer. EP
photo_camera Unha xogada do partido deste venres. SEBAS SENANDE

El Arenal Emevé quedou eliminado da Copa do Rei, que se disputa en Palma de Mallorca, tras un duelo igualado e emocionante contra o Ushuaïa Ibiza Vóley, que se decidiu no quinto set. Os parciais foron 23-25, 25-23, 25-22, 15-25 e 16-18.

O conxunto lucense mantivo o tipo a pesar da lesión do seu oposto Luís Martín no segundo set e a que o seu colocador Felipe de Mello xogou os dous últimos sets cojeando tras sufrir unha doenza nun nocello.

A pesar deses contratempos, o equipo que adestra Diego Taboada realizou un bo partido. No terceiro set chegou a remontar un 14-20 adverso para imporse cun parcial de 11-2.

No último set o Emevé chegou a ir por diante 11-9, pero non puido manter a vantaxe. é a primeiro vez na tempada que o conxunto lucense perde un partido no quinto parcial. Ata agora gañara os cinco da Superliga nos que se chegou a esa situación.

A ficha
Arenal Emevé: Bouza (12), Felipe de Mello (4), López (3), Knigge (17), Giménez (13), Martín (6), Dovale (líbero). También jugaron: Avendaño (-), Linares (6), García (3), Villar (-), Larrañaga (líbero, 2). 
Ushuaïa Ibiza Vóley: Borges (2), Putini (1), Ewert (20), Nassini (14), Monteagudo (16), Múñoz (12), Paquito Fernández (líbero). También jugaron: Ramírez (2), Yassin Abdelhedi (12). 
Parciales: 23-25, en 25 minutos. 25-23, en 28 minutos. 25-22, en 28 minutos. 15-25, en 26 minutos. 16-18, en 20 minutos. 
Árbitros: Francisco Sabroso (colegio de Madrid) y Carlos Robles (colegio de Valladolid). 
Incidencias: Encuentro disputado en el pabellón Son Moix. Unos 650 espectadores.
 

Comentarios