O Emevé infantil e xuvenil recibe o recoñecemento da Deputación pola súa actuación no Nacional

Efrén Castro sinalou o "orgullo que supón para a cidade de Lugo e para o deporte galego celebrar éxitos da canteira"

Jugadoras del Emevé Infantil y Juvenil en el acto celebrado en el Pazo de San Marcos. DEPUTACIÓN
photo_camera Xogadoras do Emevé infantil e xuvenil no acto celebrado no Pazo de San Marcos. DEPUTACIÓN

As xogadoras do Arenal Emevé infantil e xuvenil, xunto coa presidenta do equipo, Bibí Bouza, foron recibidas polo deputado provincial de Deportes, Efrén Castro, na Deputación de Lugo como recoñecemento polo título de campioas e subcampioas de España recentemente conseguido.

Nun acto celebrado no patio do Pazo de San Marcos, Efrén Castro sinalou o "orgullo que supón para a cidade de Lugo e para o deporte galego celebrar éxitos da canteira. Situádesnos no mapa como referentes en deporte base e en deporte feminino"

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios