1-3. El Arenal Emevé estréase cunha derrota en casa

O conxunto lucense non pode dar unha alegría á súa afección na aterraxe na máxima categoría do voleibol masculino 
Un momento del partido entre el Emevé y el Santanderina. XESÚS PONTE
photo_camera Un encontro do Emevé.AEP

El Arenal Emevé estreouse na máxima categoría do voleibol masculino cunha derrota en casa, no Palacio Municipal dos Deportes, fronte ao Voley Téxtil Santanderina por un set a tres.

O conxunto que adestra Diego Taboada meteuse tarde no partido. Caeu nos dous primeiros sets por 19-25 e 23-25.

O equipo lucense, liderado polo seu capitán Víctor Bouza, refíxose no terceiro, no que se impuxo por 25-18.

O cuarto set foi igualado ata o 19-20, pero a experiencia do conxunto cántabro contribuíu a que se decantase  ao seu favor por 21-25.

Comentarios