O Emevé amplía o contrato do capitán Víctor Bouza

O canteirán liderará ao conxunto lucense na Superliga tras a saída de Mario Dovale
Víctor Bouza. AEP
photo_camera Víctor Bouza. AEP

O Areal Emevé anunciou este sábado a ampliación do contrato do seu capitán, Víctor Bouza, que afrontará a súa novena tempada no primeiro equipo, a sexta consecutiva.

O xogador da canteira do Emevé liderará ao conxunto lucense na Superliga tras a saída de Mario Dovale, co que compartía capitanía.

"A renovación de Víctor é moi importante para o equipo porque é un receptor top a nivel nacional. é un xogador tremendamente competitivo que, estando ben, só pode ser bo para o equipo", indicou o adestrador do Emevé, José Vale

"é deses xogadores que, se vas moi por baixo, non se rende e tira do equipo; se vas igualado, quere a responsabilidade nos momentos decisivos; e, se vas gañando con claridade, busca acelerar para pechar o punto", engadiu o técnico.

A renovación de Víctor Bouza supón a sétima ficha confirmada das que conformarán o persoal do Emevé a próxima tempada. 

Tamén continúan nas filas lucenses Luca Biliato, Vitao Ramos, Pau Mena e Aurelio Rodríguez e chegaron os brasileiros Gustavo Romani e Gabriel Ferreira.

Comentarios