Eloy Jiménez, tras empatar en Almendralejo: "Nós sempre quixemos gañar"

O técnico do Lugo destacou o partido "completo" que realizou o seu equipo en Estremadura, un terreo "difícil"

Un lance del partido entre el CD Lugo y el Extremadura. ADG
photo_camera Un lance del partido entre el CD Lugo y el Extremadura. ADG

O técnico do Lugo, Eloy Jiménez, comentou que "esperaba algo máis" do seu equipo e que o punto non lle satisfacía plenamente. "Fixemos un partido moi completo nun campo difícil e que aperta moito. Tivemos argumentos como para gañar. En liñas xerais fomos mellores e as súas únicas opcións foron por perdas nosas. A eles valíalles co empate e souberon xogar con ese factor", dixo o adestrador do Lugo, que felicitou os rivais pola salvación "porque son boa xente".

Ao seu xuízo, o equipo lucense "levou a iniciativa e quixo gañar" e descartou que os seus pupilos se conformasen co empate, aínda que poida quedar esa sensación "se un mira só o tramo final do partido no que ao rival lle valía o punto para salvarse". "Voume un pouco encabuxado porque de meter unha marchita máis creo que podiamos gañar".

Sobre o feito de enlazar o terceiro partido sen encaixar gol, o adestrador albaceteño destacou que "o equipo gañou moito en consistencia defensiva e á vez está a ter máis o balón e sendo un bloque máis equilibrado". "É a liña a seguir. Agora hai que facer bo este punto en casa. Se somos capaces de gañar teremos case conseguido" o obxectivo da permanencia, "sen esquecer a dificultade do rival, o Tenerife".

"O equipo reaccionou porque a cousa ao chegar estaba complicada. Este equipo dá a cara e responde en momentos críticos. Fáltanos rematar a faena en casa sumando os tres puntos que necesitamos", engadiu o adestrador do Lugo tras empatar en Almendralejo.

Comentarios