O Surf Camp quedou curto

Las actividades en A Rapadoira, en foto facilitada por la Diputación
photo_camera Las actividades en A Rapadoira, en foto facilitada por la Diputación

A última xornada do cuarto Surf-Camp da Deputación de Lugo, que se celebrou este domingo na praia da Rapadoira en Foz, recibiu unha grande acollida por parte dos participantes, tanto que se superaron en máis de 100 as prazas previstas para a xornada do domingo.

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou que "a demanda de prazas para realizar as actividades desta fin de semana superou de novo todas as expectativas. É un orgullo ver como nos últimos anos a Mariña tamén é un referente do surf, onde nos últimos cinco anos naceron clubes e afeccionados de todas as idades. Confirmado que organizaremos un quinto Surf Camp o próximo ano".

O titular provincial engadiu que "parte deste éxito reside na decisión de duplicar as horas de formación dirixidas ás familias e ó público en xeral".

O tempo non acompañou pero aínda así, centos de persoas chegadas de Avilés, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Lugo capital, entre outros, desprazáronse ata a praia da Rapadoira para aproveitar o último día da edición deste ano dunha actividade que, como subliña a Deputación, "é a única oportunidade que hai en España para aprender de xeito totalmente gratuíto e través da elite do surf cales son as claves para facer este deporte".

O Surf Camp rematou coa entrega de premios aos gañadores. Nesta edición foron os irmáns Samuel e Carla Ferreiro Fernández; Iván Gegunde Vecino e Daniel Rego Aira, todos eles menores de 14 anos.

Comentarios